VII Concurso de Gastronomía ‘Cigarrón de Verín’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O Pavillón de Deportes de Verín acolleu a sétima edición do Concurso de Gastronomía ‘Cigarrón de Verín’, englobado dentro da Feira do Lázaro e o Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’, e no que participaron trece concursantes afeccionados, profesionais da restauración e alumnos/as pertencentes a diferentes escolas de hostalería de Ourense e Chaves (Portugal).

Tras elaborar os pratos, prato principal ou sobremesa, en show cooking -cociña en vivo- e maridalos con viño da D.O. Monterrei durante a presentación; o xurado conformado por Beatriz Sotelo -do restaurante ‘A Estación’ de Cambre, que conta cunha estrela da Guía Michelín, e integrante do grupo Nove-, Diego López -do restaurante ‘La Molinera’ de Lalín e premiado como Cociñeiro do Ano de Galicia no Fórum Gastronómico-, Jorge Paulo -director da Escola Profissional de Chaves (Portugal)- e Román Dacosta Fernández -premio Cigarrón Doce 2013 e do restaurante ‘A Chabola’-. tomou a seguinte decisión:

“Gran Cigarrón” (ao concursante con maior puntuación no prato principal na categoría de alumnos/as de escolas de hostalería e profesionais da restauración, dotado 400 euros, patrocinado polo Concello de Verín): “Bacallau confeitado con legumes”, de Fábio Magré e Vasco Martins (Escola Profissional de Chaves).

“Gran Cigarrón” (ao concursante con maior puntuación no prato principal na categoría de afeccionados/as, dotado 400 euros, patrocinado pola pola Denominación de Orixe Monterrei): “Flor de bacallau con corazón….”, de Anabel Dacosta Vázquez.

“Cigarrón Doce” (ao concursante con maior puntuación en sobremesas na categoría de alumnos/as de escolas de hostalería e profesionais da restauración, dotado con 200 euros, patrocinado por AEHCOM -Asociación Hostaleiros de Verín-): “Pudin de ovos con xamón de Verín e licor café”, de Fábio Rúas e Luis Santos (Escola Profissional de Chaves).

“Cigarrón Doce” (ao concursante con maior puntuación en sobremesas na categoría de afeccionados/as, dotado con 200 euros, patrocinado por AEVER-CCU Verín. Asociación de Empresarios de Verín-Centro Comercial Urbano Verín): “Arcoiris cupcakes castañas”, de María Luna e Iván Berlana.

Durante o acto de entrega de premios tamén repartiron os do Concurso de Entroido dos Viños de Monterrei a Xurxo Costoya (como fotografía máis votada no noso Facebook -recibiu un cheque de 300 euros-) e Silvia Dopaza (gañadora do sorteo -recibiu unha careta de cigarrón).

Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín, AECT; Plan de Competitividade Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Saroni, Socitransa, Parador de Turismo de Verín, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, Espina & Delfín, Rótulos Losada, MRW, Esinor, AEVER-CCU Verín e AEHCOM.

5 de abril de 2014 | 22:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.