publicidade hoxe

Viaxe cultural a “Celanova: Un paseo pola historia de Galicia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

A Fundación Gonzalo López Abente organiza, para o vindeiro 10 de maio, unha viaxe cultural a Celanova cuna de poetas coma Curros Enriquez e Celso Emilio Ferreiro.

Para a viaxe contaremos coa colaboración da Fundación Curros Enriquez, á que queremos agradecer que nos faciliten unha visita guiada aos puntos de principal interese, relacionados coa literatura e a cultura.

Entre outras actividades  visitaremos a Casa dos poetas, o Mosteiro de San Salvador e Vilanova dos Infantes, localidade ligada ao poeta Xosé Luis Méndez Ferrín.

Para participar é necesario inscribirse antes do día 2 de maio e pagar a cuota de 5 € para axuda do financiamento do autobús (a inscrición pode formalizarse poñéndose en contacto coa secretaria da fundación López Abente- Viki Rivadulla- ou consultar a través do enderezo electrónico: lopezabente@gmail.com)

8 de abril de 2014 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.