Viaxa acompañado do Santiago Futsal á Final da Copa Xunta
O Xoves 1 de Maio o Santiago Futsal disputará a súa novena final de Copa Xunta na que se enfrontará ao CD Burela Pescados Rubén no Pavillón da Malata (Ferrol) a partir das 19h.
Desde o club, púxose a disposición dos seus afeccionados un autobús para ir apoiar ao Santiago Futsal que sairá desde a porta das oficinas do club o xoves ás 17h e que valerá 15€ (autobús + entrada) para adultos e 10€ para menores de 14 anos. Ademais, recoméndase a todos aqueles que desexen viaxar pola súa conta que retiren a súa entrada a través do club para tratar de xuntar ás afeccións de cada equipo, que desde a organización decidiron situar en bancadas diferentes.
O prazo para reservar a praza de autobús e as entradas independentes termina este venres 25 ás 14h, polo que rogamos a todos os afeccionados que chamen ao 981.115038, manden un correo electrónico a administracion@santiagofutsal.com ou acudan ás oficinas do club en horario de 10h a 14h e de 17h a 20h.











