Viaxa a Burela co Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal e o Burela Pescados Rubén xóganse a súa presenza no play-off polo título o vindeiro sábado 19 de Abril a partir das 18,30h no Pavillón de Vista Alegre de Burela, na penúltima xornada de liga. Os santiagueses buscarán o tres puntos nunha cancha na que nunca gañaron en liga, e esperan contar co apoio da súa afección para animalos a conseguir o seu obxectivo.

Para iso, desde o club púxose a disposición da afección un autobús que viaxará a Burela o mesmo sábado con saída ás 15,30h desde en fronte das oficinas do Santiago Futsal para acudir a animar aos de Santi Valladares. O prezo do autobús e a entrada será de 15€ e o prazo para apuntarse ábrese desde hoxe mesmo até o Xoves 17 de Abril.

Para apuntarse a esta viaxe da afección a Burela, poderá facerse mandando un correo electrónico a administracion@santiagofutsal.com especificando un nome de contacto e un teléfono, chamando ao 981.11.50.38 ou acudindo ás oficinas do club desde o luns até o xoves de 10h a 14h e de 17h a 20h.

12 de abril de 2014 | 14:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.