publicidade hoxe

Valga acollerá o Festival de Corais con once agrupacións participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPontevedraValga
A-
A+

Valga acollerá a vindeira fin de semana o Festival de Corais correspondente á zona norte da provincia. Serán once as corais que pasen polo escenario do Auditorio Municipal o domingo 27 de abril, para interpretar cada unha delas 3 pezas a capela, unha das cales deberá ser en galego.

As 11 corais participantes –integradas por unhas catrocentas persoas- elixíronse por sorteo entre os grupos da zona norte que se inscribiron.

A coral encargada de abrir o certame en Valga será a Coral de Voces Amigas de Mourente, que interpretará as pezas Celoso, La caña dulce e Popurrí galego, baixo a batuta de Manuel Rei Lapido. Seguiranlle  a Coral de Voces Amigas, de Moraña, dirixida por Sofía Taboada que porá en escena Flor Tropical, Vals de Camariñas e Popurrí; e a Asociación Coral Rosalía de Castro, de Vilagarcía de Arousa, a coral interpretará La barca de oro, Zorongo e Ruxen as ondas.

Pola súa banda, a Coral Polifónica Santa Cruz, de Castrelo (Cambados), baixo a batuta de Cristina Castro, presentará ao público Soñando junto al mar, Boga boga e Oh, freedom!. A Agrupación Coral San Miguel de Lores, de Meaño, interpretará Ce mois de mai, Cada noite, e Singin´in the rain.

Y De alelíes, La sirena e No prado serán os temas cos que o Coro Parroquial San Ginés de Padriñán, de Sanxenxo, deleitará ao público baixo a dirección de Sofía Taboada Gil, mentres que a Coral Cortegada , de Vilagarcía de Arousa, apostará pola cantiga popular Velaí vai, así como Torrevieja e El Cañaveral. Tamén interpretará Velaí Vai a Coral San Salvador de Camanzo,de Vila de Cruces, e a Asociación cultural e deportiva O Chopo, de Pontevedra. Ademais estas dúas agrupacións completarán o repertorio con Artxoa Seaskan e a cantiga Catro vellos mariñeiros e En mi viejo San Juan e Miudiño, respectivamente.

Para rematar, o Coro Luís García Limeses porá en escea Hymme á la nuit, O voso galo comadre, e Benedicat vobis. O broche final o porao, como anfitrioa do certame, a Coral Polifónica Santa Comba de Valga, con Cantares de Serrat, A Caracola e a habanera de Rey Rivero, Jardín de ensueño.

19 de abril de 2014 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.