Val do Dubra celebra o 7 de abril a súa Festa da Empanada
Todos os veciños e forasteiros amantes da tradicional empanada poderán acudir o vindeiro luns, día 7 de abril, á Festa da Empana de Val do Dubra. A cita será no Campo da Feira, en Bembibre, a partir das 13.30 horas. O luns, día 7 de abril, é festivo local no Concello de Val do Dubra. Ese día, o primeiro luns de abril, celébrase a Feira de Abril. Todos os anos dedícase este día á exaltación da empanada. Os amantes deste prato que acudan o luns a Bembibre poderán probala e degustala por un prezo de cinco euros. Tamén haberá pulpeiro e animación musical. Na Festa da Empanada de Val do Dubra participan as panadarías locais, que mostrarán as súas distintas variedades e receitas para a elaboración deste típico e tradicional prato galego.
A II Ruta das Tapas de Val do Dubra tamén se desenvolverá durante o fin de semana. Comezará hoxe e continuará até o domingo. Participan dez establecementos hostaleiros do Concello de Val do Dubra, que ofrecerán os petiscos de forma gratuíta a todos os seus clientes. Os participantes, tras completar a ruta, poderán votar á mellor tapa depositando o pasaporte selado nun das caixas de correos que hai nos establecementos participantes. O voto permitiralles participar no sorteo de numerosos premios grazas ao respaldo de establecementos colaboradores.