publicidade hoxe

Val do Dubra celebra a súa VI Festa da Xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVal do Dubra
A-
A+

Os mozos de Val do Dubra están convocados para para participar mañá, día 16 de abril, na VI Festa da Xuventude. A cita será no campo de fútbol de Tilleira. A festa, organizada pola Asociación Emigrante en colaboración co Concello de Val do Dubra, comezará a partir das 19.00 horas. Haberá pulpeira e churrasco. A música comezará a partir das 23.00 horas, cunha verbena amenizada pola orquestra Panorama, que se encargará de animar a festa. Durante a noite tamén amenizarán o ambiente diferentes picadiscos.

Obradoiros e sendeirismo para vos nenos e nenas de Val do Dubra

Os nenos e nenas de Val do Dubra participaron onte (14 de abril) e hoxe (15 de abril) nos talleres organizados e promovidos para os máis pequenos do Concello polo integrantes do Obradoiro de Emprego Xallas-Barcala-Dubra. Os nenos e nenas participaron en diversas actividades como o obradoiro sobre Cespiño, ‘o boneco o cal lle medra o pelo’. Tamén saíron ao campo a facer unha pequena rota de sendeirismo pola rota das carballeiras. O participantes merenderaon ao aire libre. A acollida deste actividade foi aplaudida polos país e nais dos máis pequenos e polos propios rapaces e rapazas.

15 de abril de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.