V Torneo San Lázaro Intercentros de Fútbol-8, Torneo de Tenis, V Torneo de Veteranos e partidos de fútbol na Feira do Lázaro
A Concellería de Deportes de Verín organiza o sábado 05 de abril o V Torneo San Lázaro Intercentros de Fútbol-8 como complemento ás actividades deportivas realizadas con motivo da Feira do Lázaro e o Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’, no complexo deportivo de A Granxa.
Este torneo está destinado para a categoría alevín mixto (nados en 2002 e 2003), e contará coa participación de catro equipos: Colexio Mª Inmaculada (Verín), C.E.I.P Princesa de España (Verín), C.E.I.P. Rodolfo Núñez (Vilardevós) e C.E.I.P. Amaro Refojo (Verín). Tras a presentación dos equipos, os partidos inícianse ás 10 horas, mentres que a final está prevista para as 13 horas, seguida da entrega de trofeos.
Tamén o 05 de abril, no mesmo espazo deportivo e horario, terá lugar un Torneo de Tenis no que participarán unha vintena de menores, con idades comprendidas entre os 7 e 10 anos, pertencentes ás Escolas Deportivas Municipais de Tenis de Xinzo de Limia e Verín. Nese mesmo lugar, pero ás 18 horas, concluirá a xornada deportiva coa quinta edición do Torneo de Fútbol de Veteranos, promovida desde A.D. Verín.
Durante esa mesma xornada disputaranse os partidos das Escolas Deportivas de Fútbol do Concello de Verín. Durante a mañá, ás 11 horas, o equipo alevín A enfrontarase a Arrabaldo, e unha hora máis tarde os prebenxamíns xogarán contra o Celanova. Os dous partidos terán lugar no complexo deportivo de A Granxa. Xa de tarde, ás 16 horas, será a quenda para o equipo de xuvenís que disputarán o seu partido ante o Ponte B; mentres que o domingo 06 de abril, ás 11 horas, o equipo de benxamín B enfrontarase a CD Allariz, e unha hora máis tarde os benxamíns A farano contra o UD Barbadás.
Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín, AECT; Plan de Competitividade Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Saroni, Socitransa, Parador de Turismo de Verín, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, Espina & Delfín, Rótulos Losada, MRW, Esinor, AEVER-CCU Verín e AEHCOM.











