Uns 60 veciños visitaron o Algarve e Lisboa durante a Viaxe dos Maiores de Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Veciños de Brión na visita ao Algarve

Veciños de Brión na visita ao Algarve

Un total de sesenta veciños e veciñas, todos eles maiores de 55 anos e os seus cónxuxes, participaron na tradicional Viaxe dos Maiores que organiza todos os anos o Concello de Brión e que este ano tivo como destino a rexión do Algarve (no sur de Portugal). Os maiores brioneses disfrutaron de sete días, entre o 1 e o 7 de abril, de continuas viaxes e excursións a localidades como Alte, Cabo San Vicente, Lagos, Sagres, Silves, Monchique, Vila Real e Tavira.

Así mesmo, os maiores brioneses tamén tiveron tempo para realizar unha visita e comida en Lisboa, antes de chegaren onte á noite a Brión, cansos pero moi satisfeitos por estes sete días de confraternidade e diversión. A expedición brionesa estivo aloxada a pensión completa no hotel “Júpiter Spa” de 4 estrelas en Portimao, onde disfrutaron de bufete libre, dunha mañá de spa e tamén de animación nocturna.

8 de abril de 2014 | 20:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.