Uns 1.900 estudantes participan na nova edición de “Educación en valores” e “Cinensino” de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, levará esta semana ao Teatro Jofre a un total de 1.922 estudantes e profesores de primaria e secundaria de centros de ensino do municipio coa nova edición dos programas “Educación en Valores” e “Cinensino”.  O alumnado de secundaria que participa nesta iniciativa toma hoxe mércores e mañá xoves o relevo aos escolares de primaria que os pasados luns e martes asistiron no teatro municipal.

Así, os menores que cursan estudos de Primaria e profesores que tomaron parte de “Educación en Valores” foron un total de 880, pertencentes a 13 colexios: Sagrado Corazón- MM Mercedarias, Cristo Rey, CPR Santa Juana de Lestonnac, CPR Valle Inclán; CPR Belén, CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte, CEIP Esteiro, CEIP Cruceiro de Canido e CPR San Rosendo, Compañía de María, Colexio La Salle, Tirso de Molina, e Jesús Maestro. Estes escolares de Primaria viron a película “Los Croods … una aventura prehistórica”, co obxectivo de traballar nas aulas unidades didácticas sobre temas de evolución e descubrimento.

E entre hoxe e mañá pasarán polo Teatro Jofre un total de 1.042 estudantes e mestres de 12 cetros de Secundaria: IES Catabois, IES Sofía Casanova, Cristo Rey, Santa Juana de Lestonnac, Tirso de Molina, IES Ferrol Vello, IES Concepción Arenal, Sagrado Corazón – MM Mercedarias, Valle Inclán, IES Ricardo Carvalho Calero, Cristo Rey, IES Saturnino Montojo e IES Canido. La película que estes estudantes viron foi “La bicicleta verde”. O módulo a traballar por parte destes estudantes é: As diferenzas de xénero e o seu papen no consumo de drogas.

Está é a terceira edición de “ Educación en Valores” e “Cinensino” do curso académico 2013-2014. As outras dúas tiveron lugar nos pasados meses de decembro e febreiro. A titular de Benestar sinalou que de cara a próximas edicións se seguirán ampliando as temáticas a tratar polo alumnado, que teñen que ver coas adiccións, a convivencia, o medio ambiente, etc.

9 de abril de 2014 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.