Unhas 700 ximnastas participarán no IX Torneo de Primavera de Ximnasia Rítmica Cidade de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou hoxe o “IX Torneo de Primavera Ximnasia Rítmica Cidade de Ferrol”, que terá lugar no pavillón deportivo da Malata o vindeiro sábado 12 de abril. Representantes do Club Esquío Ferrol, organizador do evento, participaron tamén na presentación deste evento que reunirá nas instalacións da Malata a ao redor de 700 ximnastas de clubs e escolas municipais de toda Galicia.

Durante a xornada de mañá, desenvolveranse 65 exercicios de exhibición de ximnasia rítmica de nivel inicial y baile moderno, nas que participarán 45 escolas municipais, clubs e asociacións deportivas procedentes de toda a comunidade autónoma. Estas exhibicións terán lugar de 10.30 a 13.30 horas. Xa  pola tarde comezará a competición cun total de 124 exercicios nas modalidades: escolar, promoción e federado; distribuídos nas categorías de prebenxamín (6-7 anos), benxamín (8-9 anos), alevín (9-10 anos), infantil (10-11 anos) e cadete (12-14 anos). Nesta xornada de tarde participarán un total de 25 clubs e se desenvolverá entre as 15.30 e as 21.00 horas.

8 de abril de 2014 | 20:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.