Unha ducia de rapaces participan en Lousame no obradoiro “Retratando a Díaz Castro”

Obradoiro infantil en Lousame
Unha ducia de nenos e nenas de Lousame, de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos, participaron no obradoiro cultural infantil “Retratando a Díaz Castro”, celebrado este sábado na Casa da Cultura de Lousame. Durante algo máis de hora e media, os cativos participaron nun obradoiro creativo gratuíto desenrolado por Teatro Babaluva dentro do programa Ler Conta Moito, que organiza a Xunta de Galicia e que conta coa colaboración do Concello de Lousame.
O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a relevancia de Díaz Castro, autor ao que este ano está dedicado o Día das Letras Galegas. Para conseguilo, os titores de Teatro Babaluva explicáronlles aos pequenos cómo usar a técnica da colaxe e a debuxar ao estilo cubista, para ensinarlles que a perspectiva múltiple á a máis axeitada para plasmar a dobre faceta de Díaz Castro como poeta e como tradutor.











