Unha campaña on line promocionará Santiago en Europa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, deu conta en rolda de prensa dos asuntos tratados na última xuntanza ordinaria. Entre eles salienta a aprobación dunha campaña turística que busca promocionar Santiago a nivel europeo. A XGL aprobou a proposta da concelleira de Turismo na que se recollen as actividades a desenvolver no proxecto “Campaña on-line para a promoción en Europa de Santiago de Compostela”.Con esta campaña promoverase activamente a Santiago de Compostela, e por estensión a Galicia, como destino internacional de vacacións e como un centro de negocios atractivo. Oriéntase a internet xa que a rede está a ter cada vez un papel máis importante no mundo para as comunicacións, información e difusión dado o número de potenciais viaxeiros que planifican as súas viaxes a través de internet.

Avaliaranse as páxinas máis axeitadas para a difusión desta campaña e farase en sete idiomas para que chegue ao maior número de viaxeiros posibles. Con esta acción os internautas contarán cun enlace á unha completa información sobre a nosa cidade para que a consideren sitio de destino das súas viaxes.

No apartado de urxencias, aprobouse a memoria das actividades do IX Certame de Danza Intercentros para idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos dos seguintes centros e cos estes tipos de danza:C- San Xosé de Cluny – Clásica e moderna; CEIP Pío XII – Clásica e moderna; CEIP López Ferreiro – Clásica e moderna, IES Xelmírez I – Moderna; IES Rosalía de Castro – Moderna; CEIP Das Fontiñas – Moderna; C. Divino Maestro – Moderna. En total, 224 bailaríns.

Entre os obxectivos desta actividade atópase achegar a danza á cidadanía, desenvolver a autonomía e iniciativa persoal e a competencia cultural e artística, así como a sensibilidade musical entre outros. Este certame celebrarase na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia no mes de maio. A financiación deste Certame será aporta pola Deputación de A Coruña e terá un custo aproximado de 6.809,46 €.

Entre outros asuntos tamén se aprobou a desconsignación por importe de 3.224,88 € e o pago de parte do prezo xusto do proxecto de expropiación dos terreos non incorporados á Xunta de Compensación do SUP-4 de Conxo. O prezo fixado polo Xurado de Expropiación Forzosa estableceuse en 7.900,89 € co que resta por aboar a diferencia 4.676,01 €.

Novos inquilinos no estanque da Alameda
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, aproveitou a rolda para anunciar que o estanque da Alameda conta con novos inquilinos. Trátase de dous cisnes negros e dous pavos reais que nestes momentos se atopan nun cercado pequeno para irse aclimatando ao novo entorno. Estas novas especies súmanse aos parruliños que xa habitaban no estanque.

24 de abril de 2014 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.