Unha anciá sofre unha queimadura leve na Coruña ao tentar sufocar as chamas na cociña da súa vivenda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller de 79 anos de idade sufriu unha queimadura leve no peito ao tentar sufocar as chamas rexistradas na cociña da súa vivenda polo incendio da campá extractora.

Segundo informou este mércores a Policía Local, ás 14.50 horas do martes día 15, unha patrulla municipal desprazouse a un domicilio da rúa Federico Tapia, onde se produciu o incendio dunha campá extractora.

Ao lugar acudiron, ademais, unha dotación de bombeiros, que sufocou o lume, e unha ambulancia do 061, cuxo persoal sanitario atendeu á propietaria da vivenda.

A afectada é unha muller de 79 anos de idade que recibiu asistencia por unha queimadura leve que sufriu no peito ao tentar sufocar as chamas.

16 de abril de 2014 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.