Un total de 55 veciños de Tordoia visitan Bilbao e Cantabria

Visita dos veciños de Tordoia a Bilbao
Os días 4, 5 e 6 de abril un total de 55 persoas do Concello de Tordoia foron de excursión a Bilbao e Cantabria, visitando entre outros lugares: a ponte de Bizkaia en Getxo, o Museo Guggenheim, a Catedral de Santiago e o casco antigüo da cidade coñecido por Sete Calles, para despois ir a Santander, ao parque de Cabárceno e rematar a excursión en Santillana do Mar.
Cunha climatoloxía excepcional onde se chegou aos 26 grados, a excursión foi un rotundo éxito.