Un novo sistema de alumeado público en Castro-Mos optimiza a eficiencia enerxética na parroquia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Hoxe comezou no lugar de Castro-Mos a obra de instalación de alumeado público financiada gracias á unha subvención da Deputación de Pontevedra e que conta cun orzamento de 20.000 euros. Colocaranse un total de 36 farolas na instalación desta zona e a súa disposición será en tresbolillo.

O inicio dos traballos foi supervisado pola alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Alumeado, Luis Alonso. O obxectivo destas obras de instalación dun novo sistema de alumeado, segundo declararon ambos representantes municipais, é “que se mellore a calidade da iluminación e se reduza o consumo enerxético”. Perséguese, polo tanto, unha notable optimización da eficiencia enerxética no alumeado público da zona de Castro-Mos.

A instalación eléctrica iniciada esta mañá partirá dun único armario de distribución. Dende o cadro eléctrico, situado xunto a un camiño veciñal en Castro, iluminarase o vial que discorre dende o colexio público CEIP Mestre Martínez Alonso ata o cruce co camiño que enlaza o mencionado vial coa Estrada Nacional 550. En toda a instalación adóitase unha disposición unilateral, coas luminarias en columnas de 9 metros de altura cada unha e a unha distancia de 30 metros entre elas; e lámpadas de vapor de sodio de alta presión de 150 vatios. A maiores, preténdese a instalación de tres postes de hormigón homologado 9 m/250 nas inmediacións do vial paralelo á Nacional 550 no acceso ó Parque Empresarial Mos-Veigadaña no Camiño Atallo de Arriba para previsión de futura iluminación viaria pública.

Nesta instalación teranse en conta cales van ser as actividades a realizar na zona e as necesidades xeradas en base a ditas actividades, en canto ó que a luminosidade se refire. Para elo estimaranse os valores mínimos en canto a nivel de luminosidade que permitan transitar por esta vía de xeito seguro e cun certo confort. Así mesmo téñense en conta parámetros como a iluminación media en servizo, a uniformidade media e extrema e o deslumbramento. O obxectivo deste tipo de controis é garantir a seguridade dos cidadáns. En ningún caso o nivel de iluminación descenderá por debaixo do nivel aconsellable para a seguridade do tráfico nin para o tránsito de peóns, e, para tal efecto, empregarase un sistema de reactancias de dobre nivel que estará controlado por un reloxo astronómico.

Na instalación a alimentación chegará ata o equipo de protección e medida situado nun armario sobre a beirarrúa, cos dispositivos adecuados para a lectura do consumo eléctrico. Estes elementos considéranse o orixe da instalación de baixa tensión obxecto desta obra. Deste equipo de protección e medida partirán os circuítos trifásicos de alimentación ás farolas. Estes circuítos de alimentación discorren por canalización subterránea en tubo de PVC de 63 mm de diámetro paralelo interiormente ó borde da beirarrúa.

Todas as luminarias instaladas serán resistentes ás accións da intemperie. E a instalación eléctrica, en xeral, estará protexida contra contactos indirectos, sobrecargas e cortocircuítos.

30 de abril de 2014 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.