Un novo partido da liga Feafes disputouse no centro deportivo Terra

Encontro da liga FEAFES. Foto: fundacionazkar.org
A Fundación Azkar colaborou no día de hoxe unha vez máis coa Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia, FEAFES, e así esta mañá as instalacións do Centro Deportivo Terra albergaron unha das xornadas da liga de fútbol sala que esta asociación organiza. No día de hoxe disputouse o partido entre os equipos do AFAES Porta Nova de Ferrol e o Morea de O Barco de Valdeorras.
A Fundación Azkar mantén lazos de unión con FEAFES Galicia, asociación coa que ten asinado convenio de colaboración e así ambas entidades ao longo do ano realizan diferentes actividades de forma conxunta











