Un novidoso autobús hosteleiro “made in” Neda aséntase no paseo marítimo da vila
O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, asistirá mañá xoves, 1 de maio, ás 19 horas ao acto de presentación dun novidoso negocio hosteleiro que dous emprendedores afincados en Neda decidiron poñer en marcha. Trátase dun autocar nacional en desuso que ambos empresarios reconvertiron nun completo establecemento hosteleiro con barra, forno para pan, plancha, cámara frigorífica, televisores ou música. Ubicaráse temporalmente no Paseo Marítimo, no lateral do IES Fernando Esquío. Terreos de titularidade municipal, co que non será necesario solicitar autorización a ningunha outra administración. Un xeito de colaborar con iniciativas emprendedoras na vila xeneradoras de emprego.
E, aínda que o autocar permanecerá inicialmente na real vila, os promotores da empresa avanzan que realizarán rutas por toda a xeografía galega e participarán en feiras e eventos. Nesas viaxes, o autocar contará con material promocional do pan de Neda, así como doutros recursos turísticos do municipio. Unha magnífica forma de dar a coñecer a vila.











