Un grupo de veciños de Soutomaior visitan Cangas

Veciños de Soutomaior na visita a Cangas
Esta mañá un grupo de 62 veciños e veciñas de Soutomaior, pertencentes a tres asociacións diferentes “Maiores de Soutomaior”, “AAVV de Moreira” e “AAVV Cultural Aranza” achegaronse ata Cangas para coñecer un pouco máis da súa historia grazas ao plan “Coñece a túa provincia” promovido pola Deputación de Pontevedra. Persoal da concellería de Turismo do Concello de Cangas guiounos polo casxo histórico da vila amosándolle os símbolos máis emblemáticos de Cangas.
O percorrido comezou na Capela do Hospital onde recibiron unha pequena charla sobre a historia do noso pobo e as súas principais características. A continuación visitaron as zonas máis emblemáticas da vila como a Ex-Colexiata e o “Cristo que non quixo arder”, o casco vello, as casas patín e a Alameda Vella.
Tras o percorrido polas principais rúas de Cangas dirixíronse ata a parroquia do Hío onde visitaron o recoñecido Cruceiro e Cabo Home.











