Un grupo de 4 xóvenes galegos viaxan con Cogami a Romanía para analizar o emprego nas persoas con discapacidade

Os 4 xóvenes que viaxan cara Romanía
Hoxe, luns 7 abril, un grupo formado por catro mozos menores de 25 anos, acompañados por unha profesional da área de Proxectos de COGAMI, Catuxa Pereira, viaxan cara Romanía para participar no proxecto Include Us! que está enmarcado dentro do programa europeo Xuventude en Acción.
A viaxe comprende a convivencia nun albergue xuvenil da rexión de Transilvania na que 40 mozas e mozos procedentes de Armenia, Croacia, España, Estonia, Hungría, Italia, Romanía e Ucraína van reflexionar durante 8 días sobre a situación das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión en relación á súa inserción laboral no marco da Comunidade Europea.
Dende COGAMI van 4 mozos, dous deles procedentes da Federación de Xordos (FAXPEGA) e outros dous apuntados no Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI, e que levan preparando durante dous meses as súas intervencións sobre o emprego xuvenil en España.
Aproveitando que haberá representantes de diferentes países e, co fin de coñecer algo máis da cultura de cada un deles, cada grupo tivo que levar algúns exemplos de música, gastronomía e xogos populares dos seus países de orixe para compartir co resto. O grupo galego leva licor café, torta de Santiago, queixo e embutidos galegos ademais de vídeos con imaxes de Galicia.
Esta convivencia intercultural sirve para coñecer as distintas culturas dos países membro da Unión Europea dende o punto de vista da mocidade con discapacidade e/ou en risco de exclusión.











