Un centenar de veciños de Brión participan nunha ruta de sendeirismo nas Fragas do Eume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume

Ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume

Un centenar de veciños e veciñas de Brión participaron esta fin de semana nunha ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume (nos municipios coruñeses de Pontedeume e A Capela), organizada polo Concello de Brión. Os sendeiristas percorreron un total de 18 quilómetros seguindo sendas naturais dun ecosistema único en toda Europa e que non lles era alleo, pois se trata da terceira viaxe que se realiza a este enclave nos últimos anos. A pesar da dureza dalgúns repechos e dalgún que outra chuvisca, os veciños de Brión disfrutaron da biodiversidade do bosque atlántico en todo o seu esplendor e realizaron un ano máis a esixente subida ao Mosteiro de Caaveiro.

A próxima andaina está prevista para o sábado 26 de abril e terá como destino os 20 quilómetros que separan o Castro de Baroña (Porto do Son) e Corrubedo (Ribeira). O custo da inscrición é de 8 euros e, inicialmente, convócanse 50 prazas. As anotacións poden formalizarse na Casa da Cultura de Brión (981 50 99 08).

9 de abril de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.