Últimos días para consultar as listas do censo na Casa do Concello e na Oficina Municipal da Ponte
Con motivo das eleccións ao Parlamento Europeo do vindeiro día 25 de maio, as Listas do Censo Electoral están expostas ao público ata o vindeiro luns, 14 de abril, nas oficinas do Negociado de Estatística do Concello de Ourense, na Casa do Concello (Praza Maior), e na Oficina Municipal de A Ponte, sita na Avenida de Santiago, número 7.
As persoas que o desexen ainda poderán consultalas na Casa do Concello mañá, sábado, día 12 de abril, de 9:00 a 13:00 horas ou o luns, 14 de abril, de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas. Na Oficina Municipal da Ponte poderanse consultar o luns, 14 de abril, de 9:00 a 14:00 horas.
Todas as persoas interesadas deberán presentar o documento de identidade para poder comprobar os seus datos persoais e, en caso de ser preciso, realizar as reclamacións que estimen oportunas.











