Últimas horas da Promoción Especial Semana Santa, con entradas a 9 euros no Fontes do Sar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus apura os últimos días, horas xa, da súa Promoción Especial Semana Santa, que permite a abonados, accionistas e menores de 18 anos comprar entradas a un prezo único de 9 euros en calquera sector do pavillón para o partido deste domingo contra o C.B. Valladolid, ás 20.00 horas e non retransmitido por televisión.

A promoción é válida até mañá mércores ás 12 da noite, polo que os interesados terán que darse présa para acollerse a esta oferta. As entradas pódense adquirir, como sempre, durante as 24 horas do día mediante a páxina web do club (www.obradoirocab.com). Tamén estarán á venda nas oficinas do club de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas, ou na “Miudiño Store” de Área Central (local de Blusens), de mércores a sábado en horario de 17.00 a 22.00 horas.

Tras a súa finalización, os prezos xerais volverán ser os habituais en cada zona: 35 euros en Tribuna Retráctil, 29 en Tribunas 1, 25 en Tribunas 2 e 19 en Fondos. Tamén se realizarán os habituais descontos a abonados, accionistas, menores de 18, estudantes menores de 26, parados de longa duración ou maiores de 65.

Para este encontro tamén levará a cabo a iniciativa “Cidades Amigas” que fomenta o acceso ao baloncesto de elite, e que nesta ocasión afectará os veciños dos Concellos de Foz, Boiro e Valla, que poderán adquirir entradas a 9 euros en Tribuna 2 en calquera momento antes do partido, tanto nos puntos de venda anticipada como en despacho de billetes. Para iso só necesitarán o seu DNI, acreditando a súa residencia nalgún destes municipios.

15 de abril de 2014 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.