Tomiño organiza un curso de “iniciación aos sondeos acústicos de morcegos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

En colaboración coa OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) de Tomiño, os días 26 e 27 de abril impartirase un curso de “Iniciación aos sondeos acústicos de morcegos”, no que se abordarán aspectos básicos da ecoloxía e bioacústica dos morcegos galegos, e metodoloxías máis utilizadas para o seu seguimento.

O curso terá unha duración de 20 horas e combinará teoría e práctica. Está especialmente enfocado para xente que traballe ou pretenda traballar en impacto e seguimento ambiental (como parques eólicos) e para calquera que queira achegarse a este descoñecido grupo de mamíferos.

 

7 de abril de 2014 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.