“Toc Toc” deleitará aos cativos de Mos cun mundo cheo de ilusión e amizade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMos
A-
A+

A concellería de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón recorda que o vindeiro domingo 27 de abril levarase a cabo “TOC TOC”, unha actividade musical dinámica e participativa, no Pazo de Mos ás 18.00 horas.

Amais de atoparse enmarcada no programa Ocio en Familia,  Toc Toc é unha das actividades que se organizan con motivo do Día Internacional do Libro.

Toc Toc é unha chamada á porta dun mundo de ledicia, ilusión, amizade e compañeirismo, onde non teñen cabida as guerras e si a defensa do medio ambiente, a paz, a protección dos animais, a ilusión da chegada do Apalpador no Nadal, a fantasía do mundo dos piratas, e como non, o mundo paralelo dos/as nenos/as: os contos, onde poden aparecer protagonistas femininas, creativas e decididas ou o valor de amizades imposibles entre cans, gatos e ratos.

Este espectáculo vai dirixido ás familias con cativos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, e englóbase no eido musical do rock, pop, fol e tamén o soul, a alma da música moderna que partiu da tradición moderna que partiu da tradición musical galega. Desta última aparecen dous romances infantís O piollo e a pulga e Mazarico, que entronca coa nosa raizame.

O obxectivo desta actividade é o de incentivar a participación e o divertimento das familias mosenses, así como mellorar e aumentar os momentos de lecer compartidos entre os membros da unidade familiar, e desta forma tamén propiciar a interactuación e o contacto entre as diferentes familias do municipio.

O espectáculo será gratuíto para todos os asistentes.

22 de abril de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.