publicidade hoxe

Terceira campaña de libros solidarios en Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

Por terceiro ano consecutivo dende a Biblioteca Municipal ponse en marcha unha nova campaña de libros solidarios.

Durante uns días, do 22 de abril ata o día 8 de maio, levarase a cabo unha recollida de libros usados, para logo facer un troco solidario coincidindo coa Festa do Pan.

Os libros  depositaranse nas bibliotecas municipais (da Casa da Cultura ou na Biblioteca Infantil) e durante os días 10 e 11 de maio, Festa do Pan, cambiamos eses libros doados  por alimentos e produtos de primeira necesidade: pasta, conservas, produtos de hixiene, de limpeza, etc.

Todo o material recollido será xestionado polos Servicios Municipais do Concello de Carral.

MES DO LIBRO NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

Abril é o mes do libro e dende a biblioteca municipal celebrarase con actividades para todos os públicos.

O 23 de abril, día internacional do libro, Charo Pita presentará o seu contacontos Triquitraque Traquetriqui, dirixido especialmente a bebés (de 0 a 3 anos),  cancións arrolantes, palabras, trabalínguas e xogos para os que aínda dormen no berce. Será ás 5 da tarde, na  biblioteca infantil.

O día 25, venres, ás 6 da tarde na biblioteca pública da Casa da Cultura haberá unha tarde de contos e de maxia xa que Marisa Irimia presentará os Contos de Marmeleiro, anís e limón. Tamén participará o mago Dani García para sorprender coa súa maxia.

Durante este mes tamén pasarán polas nosas bibliotecas a visita dos escolares de infantil do CPI Vicente Otero e da escola unitaria de Tabeaio, así como os máis pequenos da escola Infantil A Galiña Azul.

16 de abril de 2014 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.