Tarefas de reparación de beirarrúas e calzada na zona centro de Ferrol
O Concello de Ferrol continúa a executar intervencións de reparación de beirarrúas e aglomerados en diferentes sitios do municipio, a través do Servizo Municipal de Mantemento e Reparación de Infraestruturas, do que se ocupa a empresa Misturas S.A. Nestas dúas primeiras semanas que levamos de mes de abril os traballos céntranse na Zona Centro da cidade, Caranza e Santa Mariña.
En concreto, os operarios do servizo de mantemento se ocupan da reparación de calzada no cruzamento da rúa Terra con praza de Armas; e de beirarrúas en Sol, Imeldo Corral (Ferrol Vello), Vila do Conde (Caranza) e Arce. Tamén se realizaron a principios desta semana tarefas de reparación de empedrado na rúa Coruña; e se nivelaron as tapas de rexistro na avenida de Compostela.
Así mesmo, a previsión de traballos para a xornada de hoxe do Servizo Municipal de Mantemento de Infraestruturas de Ferrol contempla actuacións de aglomerado en tres viarios situados en Santa Mariña: Casal dos Ovos, Chousa e Batalla de Brión.











