Tarefas de fresado e asfaltado do parque de educación viaria da Policía Local en Mollabao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra inicia mañá traballos de mellora do parque de educación viaria da Policía Local en Mollabao, baixo a ponte da autoestrada.

O firme atópase deteriorado polo paso do tempo e o uso, polo que mañá comezarán os traballos de limpeza e fresado, e o venres está previsto o seu pavimentado. Posteriormente pintarase para que volva a cumprir debidamente coa súa misión.

9 de abril de 2014 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.