Taller de manexo de cartos no IES de Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

O próximo luns día 28, de 12.50 a 14.30 h, a OMIX organiza para alumnado de 4º da ESO, un taller de manexo de cartos, a través do que @os participantes profundizarán dun xeito divertido e informal no mundo das finanzas: diferenza entre tarxetas de crédito e débito, axustes de orzamentos, seguridade financieira,IVE…. xa que temos  claro que aprender a manexar ben os cartos se pode aprender na escola.

Esta experiencia xa se puxo en marcha noutros centros escolares de Galicia tendo moi boa aceptación por parte do alumnado.Con este tipo de talleres se pretende ensinar aos máis xoves a que consuman dun xeito responsable e a non deixarse arrastrar polas modas.é responsable pedir un crédito para irse de vacacións?,gastarías todo o saldo da tarxeta de crédito?que porcentaxe da paga podemos aforrar?, son algúns dos asuntos a tratar.O taller vai ser impartido por persoal da empresa Ventos-Estudos Ambientais, que procurarán facelo o máis entretido posible prantexándolle aos rapaces casos prácticos como a organización dunha viaxe ou unha vacacións.

AVISO:suspéndese o taller de hamma beads do programa plastisábados, proposto para mañá sábado, por non cubrirse tódalas prazas

25 de abril de 2014 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.