Sotelo manifesta a súa defensa do partido xudicial de Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O alcalde de Cangas José Enrique Sotelo defende a importancia de manter o partido xudicial de Cangas en reacción a o último anteproxecto da Lei Orgánica do Poder Xudicial que recolle unha profunda reforma do mapa xudicial. O rexedor afirma que “a xustiza unha vez máis pretende afastarse dos cidadáns” en referencia a supresión dos xulgados de Cangas que no día de hoxe contan con tres xulgados de primeira instancia e de instrucción. Neste senso o primeiro edil lembra a inversión feita no novo Xulgado inaugurado no 2005 e que supuxo unha inversión por parte da Xunta de Galicia de 1,5 millóns de euros. “No seu día loitamos polo terceiro xulgado para Cangas e o conseguimos construíndo unhas dependencias novas” afirma, “esforzos que este anteproxecto despreza” engade.

Sotelo destaca que a Corporación Municipal aprobou unha moción sobre este asunto o 30 de maio do 2013 na que “instábase ó Goberno Central a que as reformas legais que se adopten garantan unha Administración de Xustiza eficaz e próxima ós cidadáns”. En resposta houbo un escrito da Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza no que defendese que o obxectivo das políticas implantadas polo Goberno son “a completa transformación da Administración de Xustiza” ademais de sinalar que con respecto a demarcación “é preciso adaptalo mapa xudicial a realidade demográfica, económica e social actual”. É neste último punto onde o rexedor amósase máis crítico, “falta rigor neste anteproxecto” declara, “as Administracións deben estar próximas e ao servizo dos cidadáns” conclúe.

Por outra banda o alcalde de Cangas tamén amósase moi crítico coa posición expresada polos letrados vigueses “que pretenden facer caixa a conta dos concellos veciños” xa que segundo Sotelo os avogados da cidade olívica defenden que se recorten os partidos xudiciais “para que Vigo teña un partido xudicial de 500.000 cidadáns a conta dos demais pobos cando na actualidade na cidade hai ao redor de 300.000 censados” remata.

8 de abril de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.