Sorteos e inchables para os máis pequenos no amigable do Santiago Futsal contra Vietnam

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal enfrontarase pasadomañá Luns, á selección de Vietnam dirixida polo galego Bruno García a partir das 17,30h no Multiusos Fontes do Sar nun amigable de portas abertas no que se anima a todos os afeccionados a acudir.

Aproveitando as vacacións de Semana Santa dos máis pequenos, no hall de entrada do Multiusos estarán dispoñibles os inchables do Multixogo do Multiusos Fontes do Sar. Ademais, realizaranse sorteos entre o público asistente ao partido.

12 de abril de 2014 | 14:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.