Sorteo para a composición das mesas electorais en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Este mediodía a Corporación Municipal reuniuse en sesión plenaria extraordinaria para realizar o sorteo da composición das mesas electorais de cara as Eleccións Europeas que se celebrarán o vindeiro 25 de maio.

O sorteo,  no que se elixiron aos compoñentes das 26 mesas electorais coas que conta Cangas, transcorreu sen ningún tipo de incidencia. Cada unha das mesas conta cun presidente, que deberá ter formación académica de Bacharelato, FP2 ou superior e dous vogais que deberán contar como mínimo co graduado escolar. Ademais sorteáronse dous postos de suplente por cada un dos cargos.

En total o Concello de Cangas contará con 26 mesas repartidas en 10 locais electorais e 18 seccións.

O resultado deste sorteo será comunicado aos seleccionados por medio dunha notificación que recibirán no seu domicilio nos próximos días.

28 de abril de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.