Soandres prepárase para os festexos da Romaría de Santa Lucía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

A parroquia de Soandres festexará mañá luns a tradicional Romaría de Santa Lucía. Desde as 10 da mañá haberá misas a cada hora no mosteiro de San Pedro, sendo o acto relixioso central a misa solemne das 13.00 horas, que estará cantada polo grupo coruñes Scolma Coralis. Pola tarde tamén se oficiará unha misa cantada ás 20.00 horas.

Como propostas lúdico-festivas haberá sesión vermú e verbena nocturna, ambas amenizadas pola orquestra Cinema. Contarase cunha ampla carpa para garantir a comodidade das persoas asistentes.

O evento é organizado pola Comisión de Festas de Soandres coa colaboración do Concello da Laracha.

20 de abril de 2014 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.