Servizos Sociais de Vilagarcía organiza a segunda edición do obradoiro de atención á persoas dependentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Servizos Sociais do Concello reedita esta primavera o obradoiro para formar a coidadores non profesionais de persoas que padecen algún tipo de dependencia. Despois da boa acollida do primeiro curso, celebrado en outono, e ante a persistente demanda deste tipo de formación para coidadores non profesionais, o departamento que dirixe Elena Suárez abre o prazo de inscrición na actividade que se impartirá de xeito gratuíto dous días á semana entre o 22 de abril e o 18 de decembro.

Os familiares de persoas dependentes ou coidadores habituais que estean interesados en formarse neste eido deben inscribirse na Concellería. O prazo remata o 16 de abril. O formulario de inscrición pode recollerse nas mesmas dependencias de Servizos Sociais ou imprimir dende a casa a través do taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.es.

Este obradoiro diríxese a familias e coidadores de persoas con limitación de autonomía persoal ou dependente e o seu obxectivo é o de axudar proporcionar o maior benestar posible tanto aos ás persoas dependentes como aos mesmos coidadores. As clases impartiranse no Auditorio todos os martes e xoves dende o 22 de abril ata o 18 de decembro en horario de 16:30 a 18:30 horas. A formación abordarase en seis bloques diferenciados no que se abordarán polo miúdo aspectos como as Técnicas de mobilización e axudas técnicas; O síndrome do coidador; prevención e manexo do estres; Técnicas de relaxación; primeiros auxilios no fogar; accidentes frecuentes; Comportamento, comunicación e estratexias con enfermos de Alzheimer e recursos sociais e sanitarios e o proceso de incapacitación.

O curso conta cun total de 15 prazas abertas ao público en xeral coa única condición de que se ocupen habitualmente do coidado dunha persoa dependente. Como na anterior edición, o obradoiro será impartido por persoal técnico e profesionais da empresa Clece, a concesionaria do servizo municipal de Axuda no Fogar. A organización non lle supón custe algún ao Concello, xa que o curso foi unha das melloras ofertadas por Clece na proposta que presentou no seu día para acceder ao contrato da concesión.

7 de abril de 2014 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.