Servizos Sociais de Vilagarcía informa aos inmigrantes retornados das axudas para emprendemento
Os Servizos Sociais do Concello divulgan as axudas ao emprendemento que ofrece a administración autonómica a través do Igape para a emigrantes retornados e os seus familiares. Dende o departamento que dirixe Elena Suárez informáse a este colectivo sobre os trámites, prazos e suma das axudas que teñen como obxectivo promover o autoemprego e que son compatibles con outras subvencións de axuda ao emprendemento que ofrece a Conselle´ria de Traballo e Benestar.
Os beneficiarios da liña de axudas específicas do Igape son os galegos que tendo residido fóra de España, teñan retornado á Galicia. Tamén se poderán acoller a estas subvencións os seus cónxuxes e fillos. A finalidade das axudas son facilitar que estas persoas poidan desenvolver a súa actividade profesional como traballador autónomo por conta propia, ou como socio ou traballador de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado establecendo un proxecto en territorio galego.
Os gastos que poden subvencionar a través desta liña de axudas van desde os gastos de notaría e rexistro a servizos profesionais, taxas e licenzas administrativa. Tamén se recollen como gastos subvencionables os custes derivados do desenvolvemento e implantación da páxina web e da pasarela de pagamento para a realización de vendas online, publicidade, propaganda, primas de seguros, arrendamento de local, de maquinaria e mesmo de subministración de servizos imputables ao desenvolvemento da actividade (calefacción, auga, electricidade, telefonía e internet).
On interesados poden obter máis información destas axudas a través da web www.emigración.xunta.es e dos leléfonos 981 957162 e 981 957157. Tamén se pode informar das demais axudas incluídas no Programa de Promoción do emprego Autónomo e Programa de axudas aos traballadores autónomos pola contratación de ata os seus primeiros traballadores con contrato indefinido a través das webs www.traballo.xunta.es e www.igape.es. Tamén se pode requirir información ou realizar consultas escribindo un mail á dirección informa@igape.es ou chamando por teléfono 981 541 147.











