Semana Santa será decisiva para o futuro do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal retomou esta mañá os adestramentos tras a dura derrota do pasado venres ante Peñíscola Adegas Dunviro. Os de Santi Valladares caeron á oitava praza e suman 36 puntos empatados a puntos con Burela, que é noveno e que será o seu próximo rival en liga este sábado ás 18,30h en Vista Alegre.

Para porse a punto, os santiagueses disputasen esta tarde un amigable ante a Selección de Vietnam dirixida polo galego Bruno García. O encontro será ás 17,30h no Multiusos Fontes do Sar e a entrada será gratuíta. Pero ademais, e aproveitando a Semana Santa, o club puxo a disposición dos seus afeccionados máis pequenos os inchables do Multixogo, que estarán situados no hall de entrada do Multiusos, e ademais, no descanso realizaranse sorteos dun balón oficial Kelme asinado polo persoal do Santiago Futsal, unha camiseta asinada e unha bufanda do club, entre todos os que compren a súa rifa por valor de 1€ no pavillón esta tarde.

A partir de mañá continuará a preparación para o que sen dúbida, será o partido máis importante do ano, e é que o Santiago Futsal xógase no derbi ante Burela a súa presenza no play-off polo título a tan só dúas xornadas de terminar a liga. E é que tras o empate entre ambos na primeira volta disputada no Multiusos Fontes do Sar, o que gañe dos dous equipos aseguraríase unha do catro prazas vacantes para loitar polo play-off polo título.

Sen dúbida un encontro a vida ou morte entre dous equipos que se coñecen ben e que darán todo na pista para lograr o seu obxectivo. Por iso, desde o club púxose a disposición dos seus afeccionados un autobús para viaxar a Burela a animar ao Santiago Futsal este sábado. O prezo do autobús máis entrada é de 15€, e todos aqueles interesados, deberán chamar ao 981115038, mandar un correo electrónico a administracion@santiagofutsal.com ou acudir ás oficinas do club a reservar a súa praza para vivir en directo o partido do ano.

Plan de traballo da semana

Luns 14 de Abril:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Preventivo + Táctico

17,30h – Multiusos Fontes do Sar – Amigable Santiago Futsal vs Selección de Vietnam

Martes 15 de Abril:
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Mércores 16 de Abril:
17h – Multiusos Fontes do Sar – Forza rápida + Transferencia + Porteiros + Táctico

Xoves 17 de Abril:

11,30h – Salga de prensa do Multiusos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares

17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Venres 18 de Abril:

9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Sábado 19 de Abril:

18,30h – Vista Alegre – J29. Burela Pescados Rubén vs Santiago Futsal

14 de abril de 2014 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.