Semana de parón ligueiro para o Azkar Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Azkar Lugo afronta unha semana de descanso, en canto a competición ligueira se refire. Os lucenses, que conseguiron asegurar a permanencia xa de forma matemática este pasado fin de semana, non disputan a 27ª xornada deste fin de semana. É por iso que os galegos xogarán un encontro amigable este próximo domingo (12:00 horas – Palacio Municipal dos Deportes de Lugo) fronte á selección de Xapón que se encontrará este fin de semana por terras galegas dentro do seu plan de preparación para o Campionato de Asia. Os lucenses regresaron esta tarde ás sesións de adestramentos.

Horarios de adestramentos:

Luns 31:
Descanso.

Martes 1:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).

Mércores 2:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).

Xoves 3:
19:30 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).

Venres 4:
10:30 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).

Sábado 5:
Descanso.

Domingo 6:
12:00 horas: partido amigable: Azkar Lugo – Selección Nacional de Xapón (Palacio Municipal dos Deportes de Lugo).

1 de abril de 2014 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.