Santiago convértese en escenario do nacional de Enduro
Tratarase da segunda cita para as categorías Junior Trofeo, Sénior, Máster e Mulleres pero a terceira para Enduro 1, Enduro 2, Enduro 3, Junior Open e Junior 125cc xa que a carreira do Mundial en Solsona tamén foi puntuable para o nacional da especialidade nestas clases.
A tempada pasada a proba de Santiago deixou un estupendo sabor de boca tanto aos pilotos como á afección galega que non quixo perderse a cita. Este ano as expectativas están ao grande e todos esperan a chegada desta gran carreira.
O venres desde as 12’00h até as 19’00h pasaranse as verificacións administrativas e desde as 12’15h até as 19’15h as técnicas, todo no Estadio de San Lázaro. As técnicas para os 20 pilotos Scratch serán de 16’00h a 16’45h. Unha vez finalicen as verificacións, os pilotos sairán do parque pechado A ao parque pechado B, situado na Praza do Obradoiro, para a presentación da carreira.
Tanto o sábado como o domingo a proba arrincará ás 09’00h. A organización, que está a cargo do Motoclub Movete Na Moto, preparou tres especiais. A extrema estará no Estadio de San Lázaro e a Especiais C1, “Xacobeo”, e C2, “San”, no Monte Do Gozo. Está previsto que os dous días a entrega de trofeos se celebre ao redor das 16’00h.
Neste inicio de tempada o home a bater é Iván Cervantes. O de KTM Fairoli levouse a vitoria no catro días de carreiras disputados, Antas e Solsona. Cristóbal Guerreiro está a só 6 puntos del así que calquera cousa pode pasar. Terceiro na Scratch é Lorenzo Santolino.
Por categorías, o líder de E1 é o propio Cristóbal, de E2 Santolino, de E3 Cervantes, de Junior Open Ramón Quer, de Junior 125cc Josep García, do TN de Enduro Miquel Pujol, de Sénior B 2T Borja Nieto, de Sénior B 4T Juan Martínez, de Sénior C 2T José Antonio Sánchez, de Sénior C 4T José Antonio Sánchez Merino, de Máster Francisco Izquierdo e de Mulleres Arantxa Belda.











