Santiago celebra os IX Premios Galicia de Xornalismo Deportivo

María Escario nos premios do xornalismo deportivo
Un ano máis Santiago de Compostela acolle unha nova edición duns premios que recoñecen o labor do xornalismo deportivo da nosa comunidade. Ao acto asistiron o alcalde de Santiago, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela. Trátase dunha cita dirixida aos profesionais do xornalismo deportivo, que ao largo do ano están no anonimato escribindo, dirixindo e fotografiando para os seus programas, periódicos, cadenas de tv, de radio, etc, e que merecen un xusto recoñecemento á súa labor realizada.
Un xurado composto por Eduardo Blanco, presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos; Manuel González, presidente da Asociación da Prensa de A Coruña; Xesús Lodeiro, periodista deportivo; Juan Carlos Varela Meijide, Juan Guillín, periodista deportivo e Ricardo Docobo Durántez periodista deportivo e Secretario Xeral da F.G.P.D. foi os encargados de decidir os gañadores.
Cinco premiados en cinco modalidades. Prensa escrita, radio, audiovisual, fotografía e internet
– Premio Enrique Mariñas: María Escario
– Premio Prensa escrita: Todo deporte Coruña
– Premio Fotografía: “vuelta ciclista a España” por Óscar Vázquez de La Voz de Galicia
– Premio Audiovisual “Yo vi jugar a Nate Davis” de Informe Robinson
– Premio Radio: Carlos Jimenez de Radio Galega
– Premio Internet: A xogada de Xan Morales Somoza
Catro premiados pola súa traxectoria profesional
– Compostela: José Luis Iglesias
– Lugo: José Mouredo López
– Ourense: Fernando Ellacuriaga
– Vigo: Xaime Escudeiro
Na edición de este ano tamén se concedeu un premio especial ao diario Marca, pola celebración do seu 75 aniversario.
Uns premios que a Federación Galega de Prensa Deportiva ven concedendo dende hai nove anos nun evento que constitúe a gran festa do periodismo deportivo gallego.











