Sácase a contratación das obras do Plan de Conservación de Vías Provinciais da Coruña por 9,6 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP o anuncio de contratación das obras correspondentes ao Plan de conservación de vías provinciais para 2014 por 9,6 millóns de euros. Trátase de 34 obras previstas en diferentes grupos de estradas da provincia que se pretenden adxudicar antes de que comece o verán co obxectivo de que estean rematadas a finais de outubro.

A consecución destas datas é posible grazas á rapidez coa que este ano se elaborou o programa, que foi aprobado xa no pleno de xaneiro. Para o presidente da Deputación, este adianto supón una “proba de que estamos a mudar o xeito de traballar e de atender as necesidades dos concellos e dos seus veciños”.

O plan inclúe labores de  conservación e mantemento en toda a rede provincial de estradas e reserva unha partida para proxectos futuros que poidan xurdir neste senso. Así, procederase tanto á limpeza de gabias e roza de maleza como á mellora do firme, da sinalización e obras de drenaxe, así coma calquera outra para mellorar a seguridade das vías provinciais.

Tras rematar as obras do plan de 2014 comezarase xa o de 2015 o próximo outono, co reto de manter os bos prazos de actuación deste exercicio.
24 de abril de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.