Ribadumia convoca o II Concurso de Relatos Curtos en Galego para os estudantes da ESO
O Concello de Ribadumia convoca a segunda edición do Concurso de Relatos Curtos, destinado para o alumnado da ESO do municipio e que pretende fomentar a lectura e a escritura en lingua galega. Os premios divididos en 2 categorías, 1º ciclo da ESO e 2ª ciclo da ESO, serán de 100 euros en vales de compra para o comercio local para os primeiros clasificados e de 80 euros tamén en vales para os segundos. A entrega realizarase o 18 de maio, Día das Letras Galegas, as 18:00 horas no Auditorio Municipal de Ribadumia
No concurso poderá participar o alumnado matriculado no primeiro ciclo e segundo ciclo da ESO. O relato curto deberá estar redactado en galego, ser orixinal, e non estar premiado en ningún outro concurso. O tema será libre e cada alumno poderá presentar un só relato a concurso.
O prazo para a presentación dos traballos remata o 30 de abril. Os relatos entregaranse no propio centro escolar. Entregarase nun sobre pechado, ao que se debe unir outro sobre en cuxo exterior figurará o título ou lema do relato, e no interior os datos do alumno e o curso no que está matriculado. A extensión do relato será como máximo de dous folios, en formato de documento word, tipo de letra times new roma e interlineado 1,5.
A entrega dos premios será o propio 18 de maio, Día das Letras Galegas, as 18:00 horas no Auditorio Municipal de Ribadumia . Os gañadores terán que ler publicamente o seu relato. E os premios serán vales para gastar en calquera dos establecementos adheridos á Asociación de Comerciantes de Ribadumia.











