Reunión de voluntarios en AFAL Ferrolterra
Compartir experiencias e intercambiar opinións foi o obxectivo da reunión celebrada esta tarde nas instalacións de AFAL Ferrolterra entre equipo terapéutico e voluntarios. Unha reunión que se celebra cada ano para estreitar vínculos e mellorar día a día. Na mesma, a coordinadora do Centro de Día Terapéutico da asociación na rúa Río Castro de Ferrol, Silvia Loureiro, tamén impartiu unha charla formativa básica.











