Reunión da mesa sectorial de coordinación da violencia de xénero na Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+
Reunión da mesa de coordinación da violencia de xénero

Reunión da mesa de coordinación da violencia de xénero

A mesa sectorial sobre asuntos relativos ao ensino e a sanidade da Mesa de Coordinación sobre Violencia de Xénero do Concello da Laracha reuniuse hoxe no Salón de Plenos nunha xuntanza dirixida esencialmente a repasar a metodoloxía das accións a desenvolver polos diferentes profesionais que forman parte da mesma no caso de atoparse con casos concretos ou mesmo con indicios de que poidan producirse para previlos.

A reunión foi presidida polo alcalde, José Manuel López Varela. Tamén participaron Ana Aldao, directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha (CIM), o coordinador do centro de saúde da Laracha, a orientadora do IES Agra de Leborís e representantes dos CEIP Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión.

A través destes encontros periódicos facilítase a cooperación entre os profesionais do propio Concello da Laracha e dos sectores do ensino e da sanidade no municipio co obxectivo común de combater esta lacra social.

Na reunión celebrada hoxe revisáronse os acordos de convocatorias anteriores, avaliáronse os obradoiros de prevención da violencia de xénero impartidos nos centros escolares durante o presente curso e expuxéronse ideas sobre posibles actividades a levar a cabo respecto a esta temática nos colexios e no instituto en próximos anos.

Ademais, repasáronse os protocolos de actuación entre os membros que integran a Mesa ante a detección de posibles casos de violencia de xénero, incluíndo os pasos a dar no seu seguimento e derivación

En próximas datas reunirase a outra mesa sectorial na que se divide a Mesa de Coordinación de Violencia de Xénero, que é a formada polas forzas e corpos de seguridade, isto é, a Policía Local e a Garda Civil

24 de abril de 2014 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.