Resultados do fin de semana nas categorías inferiores do Santiago Futsal
O equipo filial logrou unha gran vitoria ante, o até esta xornada, líder da clasificación, o SD Pazos FS. A afición santiaguesa puido gozar do último partido na casa do seu equipo, cun encontro moi intenso e de moito ritmo. O equipo visitante logrou porse por diante aos 3 minutos e tras encaixar o primeiro gol, os locais tiveron o balón sen profundidade, mentres a SD Pazos facía moito perigo á contra. Co transcurso dos minutos, os de Adri Martiño foron dominando o partido e Álex empatou mediada a primeira parte tras unha xogada de estratexia de esquina. Ao fío do descanso, Álex volvería marcar para o filial tras un pase interior de Xullo.
Tras o paso por vestiarios, o filial sentenciou o partido en 5 minutos, cun gol de Gianzo nun rexeite tras un saque de esquina, con outro gol de Simón nun roubo e co quinto de Fidel tras outro roubo de Simón. Con 5-1 no marcador, o filial cargouse pronto de faltas, tendo a SD Pazos dous dobres penaltis que desaproveitaron, lanzando un fose e parando outros Marcos. A falta de 4 minutos, a SD Pazos atacou con porteiro-xogador, facendo dous goles no último minuto, sen tempo para máis.
Só resta unha xornada para finalizar a liga, e o filial do Santiago Futsal é cuarto a un punto do liderado. O filial xogará contra Troula de Betanzos o sábado 26 de Abril o último partido de liga. Pola súa banda, o Xuvenil Nacional xa está clasificado como primeiro de grupo para as semifinais de Copa a falta dunha xornada para terminar a liguiña de grupos.
Tamén xogaron os equipos femininos, con empate a uns do Santiago Futsal A Gaiola A con o Don Froitos nun partido moi disputado, e derrota do Santiago Futsal A Gaiola B ante A Estrada FSF por 1-3 nun encontro igualado na primeira metade, pero que se decantou para o rival por xogadas individuais.
1ª División (28ª Xornada)
Santiago Futsal 1-5 Peñíscola Adegas Dunviro
3ª División (25ª Xornada)
Santiago Futsal B 5-3 SD Pazos FS
Copa Xuvenil Nacional
Bueu FS 2-7 Santiago Futsal Juv Nacional
Liga Xuvenil Autonómica (22ª Xornada)
Santiago Futsal Xuvenil Autonómico 9-0 Ourense FS
Liga Cadete Autonómica (24ª Xornada)
Santiago Futsal Cad Aut 7-1 Cidade de Narón
Liga Infantil Autonómica (24ª Xornada)
Santiago Futsal Inf Aut 0-2 Cidade de Narón
Cadete Local
Santiago Futsal IES Fontiñas Cadete B 0-2 Cía de María
Infantil Local
Santiago Futsal IES Fontiñas Infantil B 5-2 Estrada FSF
Alevín
Santiago Futsal IES Fontiñas Alevín A 1-4 San Fco Javier
Prebenjamín
Santiago Futsal IES Fontiñas Prebenjamín 1º 2-2 CD Aríns
Liga Feminina A Gaiola
Santiago Futsal A Gaiola A 1-1 CD Don Froitos
Santiago Futsal A Gaiola B 1-3 Estrada FSF











