Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo e próxima xornada
O Azkar Lugo xuvenil finalizou como primeiro clasificado do grupo norte da Copa xuvenil e polo tanto accede ás semifinais desta competición que terá como rival ao segundo clasificado do grupo sur, o IES Coruxo. A outra semifinal a protagonizarán o Burela, que foi segundo no grupo lucense con tres puntos menos que o Azkar, ante o Santiago Futsal que foi campión do grupo Sur. As semifinais disputaranse neste próximo mes de maio a partido de ida e volta.
No último partido do grupo norte, o Azkar Lugo necesitaba vencer para acabar primeiro de grupo. E logrouno cun partido moi serio ante o Vilalba (2-9) nun choque no que os capitalinos foron madurándoo desde o inicio do mesmo, o que lle permitiu mandar ao descanso de forma clara cunha renda de catro goles. No segundo periodo o Azkar non baixou o ritmo e seguiu aumentando a súa vantaxe para non dar lugar á sorpresa.
Ficha técnica:
Vilalba FS 2: Santiago, Iván, Anxo, Jose Manuel e Manuel, -cinco inicial-, Álvaro, Pedro e Martín. Azkar Lugo 9: Alexandre, Brais, Álvaro, Asier e Costoya, -cinco inicial-, Álex, Areñas, Rubén e Chuki.
Árbitros: Suárez Branco e Bello Castro (Lugo).
Incidencias: 6ª xornada da Copa da liga nacional xuvenil. Pavillón Municipal de Vilalba.
Goles: 0-1 min. 1 Costoya, 0-2 min. 3 Brais, 1-2 min. 6 Jose Manuel, 1-3 min. 10 Asier, 1-4 min. 14 Álvaro, 1-5 min. 16 Rubén, 1-6 min. 22 Asier, 1-7 min. 23 Asier, 2-7 min. 31 Costoya (propia porta), 2-8 min. 35 Asier e 2-9 min. 38 Costoya.
O cadete máis cerca do título de liga
Paso moi importante o dado polo Azkar Lugo cadete o pasado fin de semana tras vencer ao Bueu a domicilio por 4 goles a 5. Esta vitoria fai que o Azkar poida levantar o título de campión de liga en caso de derrotar ao Vigo 2015, segundo clasificado, mañá xoves.
Ante o Bueu os lucenses disputaron un partido moi competido, sen un claro dominador no primeiro periodo, pero iso si con goles repartidos para ambas escadras, o que deixaría o luminoso en táboas ao descanso (2-2). O Azkar non estaba callando o seu mellor partido da tempada, nin moito menos, e iso poñía en perigo o partido que no seu segundo periodo viu como o mellor para os lucenses chegaba cando na recta final do choque conseguía poñer unha vantaxe de dous goles no marcador. Entón os azuis defenderon ben durante os minutos restantes e pese ao gol de penalti dos locais que significaría o 4-5 definitivo, os pronistas atarían a vitoria para traerse tres valiosos puntos para seguir loitando polo campionato de liga.
Ficha técnica:
ADFS Bueu 4: Eloy, Alejandro, David, Manuel e Jose Luís, -cinco inicial-, Lucas, Antonio e Martín. Azkar Lugo 5: Carlos, Pablo, Roi, Marcio e David, -cinco inicial-, Adri, Cley, Daniel Xesús, Jesús e Pedro.
Árbitro: Sobral Moreno (Pontevedra).
Incidencias: 27ª xornada da liga autonómica cadete. Pavillón Municipal de Bueu.
Goles: 0-1 min. 1 David, 1-1 min. 3 David, 1-2 min. 9 Adri, 2-2 min. 17 Martín, 2-3 min. 28 Daniel Xesús, 3-3 min. 30 Antonio, 3-4 min. 36 Daniel Xesús, 3-5 min. 47 Daniel Xesús e 4-5 min. 49 David (penalti).
O Azkar Lugo cadete xoga este xoves ante o Vigo 2015 no Centro Deportivo Terra a partir das 19:45 horas, mentres que o domingo ás 11:00 horas visitará o Pavillón de A Malata para enfrontarse ao Maren O Parrulo.
O infantil venceu con comodidade en Sarria
O Azkar Lugo infantil conseguiu o pasado fin de semana unha nova vitoria que lle permite seguir quinto na clasificación. Os capitalinos venceron ao Os Meigallos de Sarria (0-6) nun partido que os azuis lograron deixar encarrilado prácticamente ao descanso grazas a un bo arranque de partido desde o primeiro minuto e pese a que o rival intentouno no tramo final deses primeiros 25 minutos onde dominaron con ocasións claras. O Azkar acabou sentenciando o choque no inicio do segundo periodo para acabar conseguindo unha vitoria contundente.
Ficha técnica:
Os Meigallos 0: Álvaro, Diego, Saúl, Alejandro e Ignacio, -cinco inicial-, Álex, Cayuela, Nicolás e Andrés. Azkar Lugo 6: David, Borja, Brais, Luís e Bruno, -cinco inicial-, Jacobo, Noel, Pumi, Noé, Nacho, Mario e Iago.
Árbitro: Franco Veiga (Lugo).
Incidencias: 27ª xornada da liga autonómica infantil. Pavillón O Chanto.
Goles: 0-1 min. 3 Borja, 0-2 min. 13 Pumi, 0-3 min. 16 Borja, 0-4 min. 26 Bruno, 0-5 min. 41 Noel e 0-6 min. 42 Noel.
O Azkar Lugo infantil xoga este xoves ante o Vigo 2015 no Centro Deportivo Terra a partir das 18:15 horas, mentres que o domingo ás 12:30 horas visitará o Pavillón de A Malata para enfrontarse ao Canalones Leonardo O Parrulo.
Resto de resultados
Escolas Lucenses 4 – Azkar Fundación prebenxamín 5
Burela 2 – Azkar Fundación alevín 1
Próximos partidos
Sábado 03/05:
Palacio Municipal dos Deportes de Lugo:
10:00 horas: Azkar Fundación benxamín – EDM Guitiriz (campionato provincial)
Pabellón A Piringalla:
10:00 horas: Azkar Prone alevín – EDM Vilalba (campionato provincial)











