Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo e próxima xornada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Azkar Lugo cadete conserva o liderato da categoría autonómica tralo 2-2 que colleitou o pasado fin de semana ante o EDC Verín. A primeira parte foi moi igualada e onde os ourensáns amosáronse máis efectivos de cara a gol. Ademais os visitantes realizaban un choque moi competido o que lle fixo mandar no marcador ao descanso, pese a varias ocasións claras para os pronistas.

No segundo periodo o Azkar saíu moi enchufado e iso permitiulle xa reducir diferenzas aos dous minutos da reanudación. Ese gol pareceu deixar tocado ao Verín que viu como o Azkar Lugo se facía dono do choque o que lle permitiu empatar a contenda na recta final do mesmo e gozar de varias ocasións para levarse o triunfo, pero ao final o encontro finalizaría con reparto de puntos.

Ficha técnica:
Azkar Lugo 2: Esmorís, Pablo, Roi, Marcio e Cley, -cinco inicial-, David, Pedro, Jesús, Marcos e Adri.
EDC Verín 2: Hugo, Javier, Miguel, José Carlos e Iago, -cinco inicial-, Javier, José Luís e Avelino.
Árbitro: Villanueva Branco (Lugo).
Incidencias: 26ª xornada da liga autonómica cadete. Centro Deportivo Terra.
Goles: 0-1 min. 11 Miguel, 0-2 min. 16 José Carlos, 1-2 min. 27 José Luís (propia porta) e 2-2 min. 44 Marcio.

O infantil non pode co Mare Nostrum

No partido aprazado da 21ª xornada, o Azkar Lugo FS non puido sacar nada positivo no seu enfrontamento ante o Mare Nostrum (3-5). No primeiro periodo, claro dominio do Azkar Lugo que levaba a iniciativa no xogo e era dono da posesión, pero os de José González pese a dispoñer de varias ocasións claras para abrir o marcador, non o farían ata o minuto 23, aínda que un minuto despois os coruñeses xa empataban. Na segunda parte, mesmo guion de partido, Azkar perdoaba moitas ocasións e acabouno pagando. Os lucenses poñíanse de novo por diante, empataba o mare Nostrum, novamente xa na recta final o Azkar colocábase co 3-2, pero como xa pasara no anterior encontro, nos últimos minutos os visitantes en tres minutos, tres goles, e a vitoria que se escapaba.

Ficha técnica:
Azkar Lugo 3: David, Borja, Brais, Luís e Bruno, -cinco inicial-, David, Noel, Pablo, Mera, Nacho, Noé e Iago.  Mare Nostrum 5: Roberto, Cristian, Miguel, Pablo e Rubén, -cinco inicial-, Iglesias, Alexandro e Yago.  Árbitro: Rey Castedo (Lugo).
Incidencias: partido aprazado da 21ª xornada da liga autonómica infantil. Centro Deportivo Terra.
Goles: 1-0 min. 23 Noel, 1-1 min. 24 Pablo, 2-1 min. 31 Noel, 2-2 min. 41 Rubén, 3-2 min. 43 Mera, 3-3 min. 45 Cristian, 3-4 min. 47 Rubén e 3-5 min. 48 Cristian.

Resto de resultados
Maristas A 3 – Azkar Prone benxamín 3
 Cervantes 0 – Azkar Fundación prebenxamín 10

Próximos partidos

Sábado 12/04:

Centro Deportivo Terra:
12:00 horas: Azkar Fundación prebenxamín – Maristas  13:00 horas: Azkar Prone alevín – Azkar Lugo infantil B

Polideportivo O Palomar:  09:00 horas: Azkar Prone benxamín – Rosalía

Domingo 13/04:

Palacio Municipal dos Deportes de Lugo:
12:00 horas: Azkar Lugo xuvenil – Burela Pescados Rubén

9 de abril de 2014 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.