Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo e próxima xornada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Azkar Lugo cadete conseguiu a pasada semana un importante triunfo ante o Santiago Futsal (3-2). Tras unha primeira parte sen un claro dominador e ocasións repartidas para ambos equipos, o Azkar soubo aproveitar unha ao bordo do descanso para adiantarse no marcador. No inicio do segundo tempo un gol para cada equipo e o Santiago debido ao súa desventaxa no luminoso, parecía levar máis o control do choque, aínda que o Azkar defendíase ben e ademais buscaba contras con perigo. O 3-1 do Azkar a falta de cinco minutos para a conclusión daba confianza aos lucenses, e pese a que o Santiago reduciría diferenzas con porteiro-xogador facendo o 3-2, ese resultado xa non se movería de novo e os tres puntos quedábanse en Lugo.

Ficha técnica:
Azkar Lugo 3: Esmorís, Roi, Pablo, David e Cley, -cinco inicial-, Marcos, Jesús, Marcio, Pedro, Daniel Xesús e Carlos.
Santiago Futsal 2: Rubén, Iago, Adrián, Javier e Antón, -cinco inicial-, Xabier, Manuel, Diego e Porto.
Árbitro: Trebolle González (Lugo).
Incidencias: partido aprazado da 23ª xornada da liga autonómica cadete. Centro Deportivo Terra.
Goles: 1-0 min. 25 Marcio, 2-0 min. 28 Roi, 2-1 min. 30 Antón, 3-1 min. 45 Roi e 3-2 min. 48 Antón.O Azkar Lugo cadete xoga este sábado desde as 16.30 horas no Centro Deportivo Terra ante o EDC Verín.

O infantil perdeu no derbi
O Azkar Lugo infantil non puido sacar adiante o derbi lucense desta categoría e perdeu ante o Lumieira a pasado fin de semana (3-5). Os pronistas viron como no inicio do choque o Lumieira xa se poñía por diante, aínda que a reacción dos azuis chegaría e tras reducir diferenzas antes do descanso, á volta do mesmo empatarían primeiro o choque e logo poñeríanse por vez primeira por diante co 3-2. Cun Azkar superior neses momentos, os de José González non aproveitaron as súas mellores ocasións e acabouno pagando xa que o Lumieira en tres minutos conseguía tres goles para darlle de novo a volta ao marcador e levarse a vitoria pese aos intentos do Azkar de reducir diferenzas co porteiro-xogador.

Ficha técnica:
 Azkar Lugo 3: David, Borja, Brais, Luís e Bruno, -cinco inicial-, Pablo, Noel, David, Mera, Noé e Iago.
Lumieira 5: Lucas, Samuel, Manuel, Adrián e Uxío, -cinco inicial-, Yago, Pedro e Noel.
Árbitro: Franco Veiga (Lugo).
Incidencias: 25ª xornada da liga autonómica infantil. Centro Deportivo Terra.
Goles: 0-1 min. 5 Adrián, 0-2 min. 6 Uxio, 1-2 min. 11 David, 2-2 min. 26 Brais, 3-2 min. 27 Luís, 3-3 min. 44 Adrián, 3-4 min. 44 Adrián e 3-5 min. 45 Adrián.O Azkar Lugo infantil xoga este domingo a partir das 19:00 horas no Centro Deportivo Terra ante o Mare Nostrum

Outro alevín ao campionato provincial
O Azkar Fundación alevín tamén xogará o campionato provincial da súa categoría tras finalizar a liga local como segundo clasificado tras derrotar ao Casás (3-1). Deste xeito o Azkar Fundación acompaña ao Azkar Prone que foi campión de liga. Ambos equipos polo tanto loitarán no campionato provincial por acceder aos campionatos galegos.

Resto de resultados
Azkar Prone prebenxamín 5 – Rosalía 1
Azkar Fundación prebenxamín 10 – Rosalía 0
Azkar Prone benxamín 2 – Luís Pimentel C 0
Triscos 0 – Azkar Prone alevín 3
Casás A 1 – Azkar Fundación alevín 3
Franciscanos 2 – Azkar Lugo infantil B 5

Próxima xornada

Sábado 05/04:

Polideportivo A Piringalla:
09:50 horas: Maristas A – Azkar Prone benxamín

Centro Deportivo Terra:
11:30 horas: Cervantes – Azkar Fundación prebenxamín

3 de abril de 2014 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.