Reorganización do tráfico no Carballiño polas procesións da Semana Santa
Desde a área de Tráfico do concello do Carballiño infórmase que, desde as 10:00 horas do próximo 18 de abril, venres Santo, estará prohibido aparcar vehículos en todas as rúas afectadas pola carreira procesional, en concreto estas rúas serán as seguintes:
-Evaristo Vahamonde, Conde Vallellano, Aldara, Cesáreo Tizón, rúa Ribeiro e cruzamento coa estrada de Ribadavia. Desde este cruzamento a procesión continuará por toda a rúa Principal e Curros Enríquez, non afectando estas a o tráfico xa que son peonís.
Os responsables de Tráfico do concello carballiñés piden a colaboración dos veciños e condutores para manter todo ese percorrido baleiro de vehículos e non dificultar o paso da procesión.











