Remata o 24º Campionato de Fútbol Sala Base da Laracha
A vixésimo cuarta edición do Campionato de fútbol sala de base do Concello da Laracha rematará o vindeiro día 25 de abril coa disputa do encontro correspondente á Supercopa, que enfrontará ao equipo campión de Liga (Seixedo) co campión de Copa (Jugones).
Esta tradicional competición deportiva que organiza cada ano o Concello da Laracha vense disputando desde o pasado mes de novembro coa presenza de seis conxuntos da categoría xuvenil e, por tanto, contando coa participación duns cincuenta rapaces cada fin de semana nos partidos que se xogaron nas instalacións do pavillón polideportivo municipal da Laracha.











