Remata a tramitación do proxecto de reparación da cuberta das vivendas de promoción pública de Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelide
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da área provincial da Coruña do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), ven de rematar a tramitación do proxecto de reparación da cuberta das vivendas de promoción pública de Melide, localizadas na rúa José Cándido Paz Ares. Así, a delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, informou esta mañá á alcaldesa, Ángeles Vázquez, do comezo nos vindeiros días destes traballos.

As actuacións realizaranse nos bloques 1, 2 e 3, nos que se cambiará o remate de 16 chemineas por outro modelo de aluminio lacado adaptado á medida de coroación e con lamas horizontais ben orientadas, se susbtituirá a solución de encontro da cobertura de lousa coa parede das chemineas por outra con chapas en L independentes e se protexerán as paredes exteriores destes elementos con pintura de alta resistencia ao exterior. Ademais, para evitar o retorno dos gases naquelas chemineas sobre as que se actúa, eliminaranse os condutos interiores de PVC. Por último, no interior das vivendas danadas a causa das deficiencias da cuberta, pintaranse os cuartos afectados.

Deste xeito, o IGVS mellorará a impermeabilización dos inmobles e eliminará as filtracións de auga detectadas, dando resposta á demanda dos veciños, canalizada a través da rexedora, e que no seu día a empresa construtora non soubo atender por atoparse inmersa nun procedementos concursal.

25 de abril de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.